Cóxegas, cóbado, xeollo...

Cóxegas, cóbado, xeonllo, aperta, cinguir, beizos, peite


UN ENCONTRO, UNHA COMPRA
Onte, fun ó parque e atopeime cunha amiga que non a vira dende hai moito tempo, e dinlle una aperta e un bico cos beizos. Pero ela estaba un pouco triste xa que tiña unha ferida no xeonllo, e como eu non a podía ver triste fíxenlle cóxegas. Máis tarde marchei de compras, fun a unha tenda e comprei un peite de  púas, e como xa era noite tiven que ir para casa.                                                  Claudia Fernández Vilela

Onte pola tarde,estaba xogando cunha amiga saltando na cama e caínme, levei un bó golpe no cóbado e no xeonlloMiña amiga,chamou a miña nai , e ela veu correndo a darme unha perta ,a darme un bico cos seus beizos pintados de vermello e a cinguirme unha venda. Fomos facer a compra,e comproume un peite de varias cores que me facía cóxegas na cabeza.

                            ***Uxía Paz Caamaño***
Meu avó xoga moi ben cos birlos.
Meu irmán comprou nunha tenda de Portugal unha buxaina moi bonita.
Miña tía tirou o gobelete a papeleira porque lle demos con el na testa.
Encantame facer pinchacarneiros e prego por non estamparme contra o chan.
                                                                                                 Carmen Sánchez Santiago

Onte Uxía caíu porque Iria  lle estaba facendo cóxegas e fíxose una ferida no cóbado e rompeu un xeonllo, cando a vin no chan fun a darlle unha aperta cos brazos cinguidos.

Cando súa nai founa buscar para levala o médico  doulle un bico nos beizos e como regalo comproulle un peite.
                                                     LEYLA FERNÁNDEZ SANTIAGO
Un xogo destrozado                                                                                                   Un  señor  que no  sabía o seu nome e  que non  sabía xogar  os  birlos , en vez de  tirar unha  bola  de birlos  tiraba unha  buxaina,  e  se non   tiraba    os  birlos,  facía  un pinchacarneiro.  E se perdía, destrozaba  a boleira   cun  gobelete.
      Diego Montero Franco
O meu tío estaba tranquilamente usando o seu peite mentres que eu fun de xeonllos a facerlle cóxegas e lisquei correndo.
Meu tío non se decatou, pero a moi chivata da miña irmá contoullo todo e el deulle unha aperta e un bico nos beizos e díxolle:
-         Imos atrapar a esa listilla.
Logo foron en busca miña, e cando me atoparon cinguíronme as mans e os brazos ata os cóbados, con un lazo que atoparon por alí tirado.
Deixáronme así ata que a miña nai se decatou.
-         ¡Que mal o pasei!. – Non volvo gastarlle máis bromas.
                                                           Carla Martìnez Villar

Tonto de por vida
Había unha vez un preso que facía algunhas cousas, que non servían para nada.
Cando estaba na celda aos gardas lles daba unha aperta. Logo os tiraba de xeonllos mentres lle facía cóxegas. Despois, atáballes os cóbados. Finalmente, de despedida lles daba un peite para peitearse, aínda que non teñan pelo, e tamén unha tatuaxe duns beizos. Saía cinguindo o seu cinturón, pero o pillaban sempre.

                                                               Alejandra Canosa García

O ir a clase de música, tropecei co peite de Lola, fixenme dano no xeonllo e no cóbado.
Sain da clase, e miña nai fíxome cóxegas, e eu lle apertei e lle din un bico nos beizos.
  
Onte fun ao circo. Os trapecistas entraron facendo pinchacarneiros, viravoltas, piruetas… Despois un león saiu cunha buxaina. Un cabalo xogaba os birlos, e unhas serpes gañaron a un oso no parchís e como se enfadou,  tirou os gobeletes, 
                                                                             Miriam Sierra Lago
Unha nena, o luns pasado, nunha calzada un can que andaba por alí mordeulle o xeonllo e o cóbado. Foi correndo para súa casa e cando chegou a súa nai deulle una perta cos seus brazos cinguidos. Deulle un bico nos beizos e cun peite púxolle ben o pelo e despois a súa irmá fíxolle cóxegas.
                                                     Xela Río Salgado



Dor de ósos
 Había unha vez... bueno, mellor dito o martes (hoxe e xoves), despois do colexio, estabamos xogando a moitas cousas como o pilla–pilla, o escondite e máis cousas.
Un amigo meu fixo o pino e a súa irmá fíxolle cóxegas e el caiu, entón rompeu o fémur que é un óso da perna que está ao lado do xeonllo e tamén o cúbito que está ao lado do cóbado.
Entón a súa nai deulle un bico nos beizos e levouno ao médico.

Alí cinguironlle unha venda o redor dos ósos rotos e quedou sen ir o colexio 2 días, pero cando volveu o profesor regaloulle un peite, non sei porqué.
                                                                                        Lois Fraga  Díaz

A GRAN VIAXE DE ANTÓN

            Son Antón Picado Rocha, director da fábrica de chourizos “O apetito”. Vivo nun pobo moi afastado doutros lugares.
            Un día decidín ir ver o que había no exterior. Enchín a mochila de todo o que puiden, púxenme uns pantalóns cinguidos e boteime a camiñar. Nesta viaxe escribín un diario que agora poderedes ler.
            Diario
            15 de marzo: Hoxe empecei a miña viaxe. Só hai terra mollada, como barro, é moi duro camiñar.
            16 de marzo: Non atopo nada, nin persoas, nin animais, nin prantas, nada. Dóenme moito os xeonllos e estou moi canso.
            17 de marzo: Ao lonxe vexo un oasis, vou para alí. Teño que lavarme e encher as cantimploras.
            18 de marzo: Cheguei ao oasis, parece un lugar moi acolledor. Ten terra para cultivar e moitas árbores e rochas.
            19 de marzo: Decidín quedarme aquí, vou cavar e construir un refuxio baixo a terra.
          20 de marzo: Xa rematei o meu refuxio e teño cultivos. Agora vou facer unha bodega e un forno para o pan.
            21 de marzo: Hoxe vou fabricar armas e redes para cazar e pescar. Tamén vou facer unhas ferramentas e lume.
22 de marzo: Vou peitearme cun peite que atopei e curarme as feridas que teño no cóbado e nos beizos. Faime moitas cóxegas,
23 de marzo: Teño que recoller algunhas colleitas e facer algo de roupa para poder vestirme.
24 de marzo: Fabriquei unhas mesas e unhas cadeiras para sentarme e estar máis cómodo. Tamén teño un corral cunhas galiñas e un rabaño de cabras que me dan moito leite, son moi mansas.
25 de marzo: Atopei un can que estaba ferido e chámolle Tobi, é moi bonito e gústame darlle moitas apertas. Agora xa non estou só. Son moi feliz vivindo aquí.

Mateo Pérez Soto 


Eu xogo aos birlos. Fixen unha buxaina a man. No parchís hai un gobelete. Eu fago pinchacarneiros. 
Cuchocarrneiro: Volta que se dá pondo a cabeza ou as mans no chan e virando o corpo.
                                                              David Rodeiro Formoso.
"A rotura das cóxegas  peiteadoras"
Un home, chamado Alonso, foi a peluquería a comprar un peite mentres cinguía o cinto, e entón esvarou e rompeu os beizos, pero seguíu o seu camiño. Polo camiño viu o seu amigo e deulle unha aperta. Cando chegou a peluquería, a peluqueira peiteoulle o cabelo a Alonso e a este tantas cóxegas lle fixeron que foi ríndose ata a estrada e un coche o atropelou e rompeulle o cóbado e o xeonllo. Alonso chama a unha ambulancia e lévanlle o hospital.
                                                Juan Alejandro Ferrío Correia.

O outro día torcín o xeonllo . Miña   nai ao intentar curalo fíxome cóxegas  no pé. Como me doía moito miña nai cinguia as mans  mentras me daba una aperta. Doíame todo o corpo os cóbados,  os beizos ……..
Mentras me peiteaba cureime.
De recompensa comproume un peite.

MIGUEL QUINTÁNS SÁNCHEZ.

                                     O VAGABUNDO

UN VAGABUNDO , SEGUNDO EL  ERA  MOI DESGRACIADO,E NON LLE FALTABA RAZÓN.
PERO UN DÍA CAMBIOU A COUSA. UNHA MAÑÁ DESGRACIADA COMA SEMPRE, TORCIU O NOCELLO E FIXOSE DANO NO XEONLLO ESQUERDO E  NO CóBADO DEREITO.
PERO DE SÚPETO UN SEÑOR VIUNO E PREGUNTOU:
-ESTA  BEN SEÑOR?
-SI-DIXO O VAGABUNDO
O NOBRE SEÑOR AXUDOULLE A LEVANTARSE. O VAGABUNDO MOI AGRADECIDO XUROU AXUDAR A AQUEL NOBRE SEÑOR.
O SEÑOR DIXOLLE:
-LEVAREICHE A PERRUQUERIA
-QUE  É UNHA PERRUQUERIA?-PREGONTOU O VAGABUNDO
-É ONDE TE PEITEAN CON UN PEITE OU CORTANCHE O PELO
O VAGABUNDO DOULLE UNHA GRAN APERTA.
AO VAGABUNDO MAIS TARDE FOI LLE INDO MOITO MELLOR.
AO CABO DE 20 ANOS XA NON TIÑA DEREITO A CHAMARSE VAGABUNDO PORQUE XA TIÑA TRABALLO E MULLER.
UN DÍA MOI APRESURADO, XA QUE CHEGABA TARDE APRESUROUSE MOITO, DUCHOUSE,VESTIUSE CINGUINDO MOI FORTE  O CINTO E FOISE AO TRABALLO.

                                  FIN

                                                                                     AIRAM MARTÍNEZ SERRATE



Ningún comentario:

Publicar un comentario