Carla Martínez Villar


O NENO NOVO QUE VÉN DA INDIA.

F

ai uns días nun pobo de Galicia chegou un rapaz que procede da India. Este rapaz chámase Rabindranath. Cando se instalou no colexio, non sabía falar o idioma dos demais nenos. Ninguén o respectaba, agás Antía que o axudou a acostumarse ao seu falar e as súas tradicións.
Pasaron días, semanas e meses e o rapaz quería coñecer máis a zona.
O día seguinte a primeira hora da mañá mandaron a Rabindranath e máis Antía a coñecer  a capital de Galicia (Santiago de Compostela).
Rabindranath subiu por primeira vez en autobús.
Antía levouno a catedral, a restaurantes, a centros comerciais, Burguer King.....
Antía entrou nunha  tenda de roupa e Rabindranath noutra nunha de zapatos. Despois duns minutos Rabindranath foi buscar a Antía, pero non a atopou. Foise só.
Rabindranath colleu un autobús, e por equivocación subiu ao que ía para Lugo.
Cando saíu do autobús encontrouse cunha nena perdida que procedía de Barcelona, o seu nome é Llura. Os dous foron camiñando e camiñando, seguindo carteis e sinais. Preguntaron a xente que ía paseando pola rúa, como se chegaba a Santiago de Compostela.

-        Por donde se va a Santiago? preguntou o neno
-        No lo se, no vivo aquí- dixo a señora.   
Os dous nenos desesperados estaban buscando  un transporte e despois de moito buscar atoparon unhas escaleiras e baixaron por elas, de súpeto  caeron o baleiro.
Acabaron dentro dunha covas subterráneas que levaban a unha casa na que habitaba un mago.
Este mago regaláballe un feitizo se eles conseguían o que o mago lles pedía.
O que el lle pedía era matar a bruxa mala para poder seguir facendo feitizos, xa que a bruxa impediu que o mago puidera conceder desexos aos nenos.
Os nenos foron ata a casa da bruxa pero a súa maxia era moi poderosa, entón converteuNOes en escravos e púxoos en xaulas.
Unha semana cando Llura e Rabindranath  estaban na gaiola, veu a bruxa e deulles un caldeiro para beber.
Como os nenos estaban cansados de ser escravos, tiráronlle o caldeiro de auga a bruxa.
Ela foise derretendo, e morreu.
Os nenos alcanzaron o pau, que era moi longo co que a bruxa lle ía pegar se non   facían o que ela lles pedía.
Alcanzaron as chave que estaban na alcaiata ao lado da porta da xaula.
Cando conseguiron coller as chaves e abrir a gaiola.
Foron correndo directamente a casa do maga. Alí atopáronse  con Antía conversando co mago do ocorrido.
Dixeron co mago todos xuntos as palabras máxicas e volveron as súas casas.
                    FIN
           
CARLA  MARTÍNEZ VILLAR
******************************************************************

MIRO VILLAR – ESCRITOR CEENSE.
- ARXIMIRO BAUTISTA VILLAR GONZÁLEZ, Nado en Cée, o vinteún de marzo de 1965.


CURRICULUM.- Profesor de lingua e literatura galega, poeta, narrador, crítico literario e traductor en diversas revistas e publicacións periódicas. Forma parte do Batallón Literario da Costa da Morte, do comité de redacción da revista Dorna e do consello editorial la colección de poesía Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia.

 TRAXECTORIA.- As primeiras publicacións foron en revistas escolares. Fóra dese ámbito os primeiros poemas seus que viron a luz foron publicados na revista Decrúa de Muxía, polos anos 1985-1986, e noutras de ámbito comarcal. Xa desde aquel entón na súa obra faise un énfase especial á Costa da Morte.
O seu interese pola poesía veu primeiro, tal como el confesa, das súas lecturas escolares tanto da literatura galega como española, e segue aumentando grazas os recoñecementos acadados. Os vinte anos gaña o prestixioso premio de narracións curtas Modesto R.Figueirido do Patronato do Pedrón de Ouro. Ainda que xa houbera outros premios anteriores, este foi decisivo para el.
O seu primeiro libro publicado é un volumen colectivo no que están os relatos premiados nese certame, e o de Miro leva por título Augas de silencio, que gañou o premio en 1985 e foi publicado en 1987. Ese mesmo ano volve a recibir o primeiro premio co relato Verbas cruzadas con Amaranta.

O premio máis importante para el, foi o I Premio Internacional de Poesía Tívolo- Europa Giovane, no ano 1998, para o seu poemario Abecedario de desolación, como o mellor libro europeo publicado por autores menores de trinta e cinco anos. De resultas do premio, algúns poemas foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, ruso, albanés e serbo-croata no volume Il camino de Santiago.
                                      Poesía:
Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992).
• 42 décimas de febre (Toxosoutos, 1994).
• Abecedario da desolación (Espiral Maior, 1997).
• Equinoccio de primavera (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1998).
• Gameleiros (Xerais, 2002).
• As crebas (Espiral Maior, 2011).
• Breizh (Toxosoutos, 2012).
Literatura infantil-xuvenil:
• Carlota, a marmota (Xerais, 2000) (literatura infantil e xuvenil).
• Carlota e a bota perdida (Xerais, 2003).
• Carlota e a gaivota patiamarela (Xerais, 2006).
• O nariz de Fiz (2009).
• A cobiza do verme Noel (Galaxia, 2011).
• Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012).
• A pantasma da casa da Matanza (Biblos, 2013).

Ensaio:
• Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, 2009).
Edicións:
• Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995).
• Dicionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997).
• Unha lectura de O soño sulagado, de Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 1998).
• Orballo da medianoite, de Roberto Blanco Torres (Xerais, 1998).
• A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (Edicións do Castro, 1998).
• Indo para máis perto. A señardade no puño, de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004).
• A roseira da soidade, de Antón Zapata García (Xerais, 2005).
• Poesía galega completa e textos en prosa, de Emilio Álvarez Blázquez (Xerais, 2005).
• Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010).
• Bretemada, de Gonzalo López Abente (Alvarellos, 2011).
• Obra poética completa, de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 2013).
 Traducións:
 • Poemas de Bernardino Graña en Poesía gallega contemporánea (Litoral, 1996).
• As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra, de Benjamín Trillo Trillo (F. Caixa Galicia, 1999).
 • Calafrío, de Jorge Justo Padrón (Xerais, 2000).
 Obras colectivas: 
• Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Edicións do Castro, 1987).
• Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Edicións do Castro, 1988).
• O mar de adentro (Edicións do Dragón, 1990).
• Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991).
• A rota dos baleeiros (Edicións do Dragón, 1991).
• Diccionario de Literatura Galega. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997).
• Nós. Batallón Literario da Costa da Morte (Concello de Corcubión, 1997).
• Para saír do século (Xerais, 1997).
• Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas  Ponteceso, 1997).
• Alguén agarda que volva alí (1998).
• Mar por medio (Concello de Corcubión, 1998).
• Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (Univ. de  Compostela, 1998]].
• Río de son e vento (Xerais, 1999).
• dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999).
• Dicionario da literatura galega. III. Obras (Galaxia, 2000).
• 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, 2001).
• Ourense, craro río, verde val (Concello de Ourense, 2001). •
 A tribo das baleas (Xerais, 2001).
• Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
• Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
• Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
• Son de poesía (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
• Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (Xerais, 2006). Con Xesús Alonso Montero.
• Noel, o verme rico da verea, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (X. de Galicia, 2006). • Poetas e Narradores nas súas voces. II (Consello da Cultura Galega, 2006).
• Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
• A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
• De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009).
• Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
• Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
• Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).
• VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (Deputación da Coruña, 2012). • A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).
• Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013).
Premios: 
• Premio de relato curto Modesto R. Figueiredo- Pedrón de Ouro en 1985, por Augas de silencio.
 • Premio de relato curto Pedrón de Ouro en 1987, por Verbas cruzadas con Amaranta.
• Accésit do Premio Esquío de poesía en 1997, por Equinoccio de primavera.
• Premio Tívoli-Europa en 1998, por Abecedario da desolación.
• Finalista do Premio Tívoli-Europa en 1999, por Equinoccio de primavera.
• Premio de poesía Concello de Carral en 2010, por As crebas.
• Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor blog literario no 2012: As crebas.
• Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro infantil e xuvenil de 2013, por A pantasma da casa da Matanza.


 Co recendo dos figos da figueira

olleina escribir versos na fiestra,
aproveitando a luz nesa cadeira.
 E lía en alta voz coma unha mestra,
 verso a verso, a estrofa toda enteira. ...
     
              

Ningún comentario:

Publicar un comentario