O castiñeiro e a castaña

http://galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm
O CASTIÑEIRO

Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada. Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.
I.- O castiñeiro no mundo - O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.
- Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos.
II.- O castiñeiro en Galicia - Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.
- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.
- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.
-En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.
- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo ata convertirse a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castañal".
- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.
- En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados, deboucados ou desmouchados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente, ... Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé. 
III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.
- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.
- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS,  no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. - IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.
- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.
  • Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.
  • Valor económico: a madeira e as castañas.
 .A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.
A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.
.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ..
- Para que a castaña se conserve e non se pudra débense seguir as seguintes pautas: 1) Unha vez que cae da árbore débese recoller o máis pronto posible. Non debería pasar no chau máis de 48 horas. 2) Débese ter o menor tempo posible encerrada en sacos, e non se debe ter amontonada en montóns grandes. 3) Débese poñer o mais pronto posible a unha temperatura de 0º Centígrados, pois a 2ºC xa empeza a xerminar. 4) Débese ter en sitios refrixerados.
- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patacas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a pataca procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557). - Na China, na literatura de fai 6.000 anos hai constantes referencia á castaña, como alimento popular, e ainda hoxe se poden topar centos de recetas para preparar as castañas.
- O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculinas da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.
 V.- O futuro do castiñeiro.
- Moitos din que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo. É de crecemento rápido, e con trinta anos pode chegar a ter medio metro de diámetro. E si se quere aproveitar para madeira a millor idade para cortalo é cando ten entre 70 e 90 anos, pois a partir dos 90 medra máis lentamente e ademáis pode que se estropee por dentro e non sirva a madeira.
- Hoxendía prantar un souto de castiñeiros pode que non sexa unha actuación puramente romántica dun ecoloxista soñador e visionario; poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico. - O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".
Castanea é un xénero de plantas da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte, coñecidas comunmente coma castiñeiros. Os froitos dos castiñeiros son noces comestíbeis coñecidas coma castañasou bullotes[1]  O castiñeiro común é unha das árbores de maior importancia na economía e historia de Galiza. Os lugares poboados de castiñeiros denomínanse castiñeiras ou castañais. Os soutos son un tipo de formación de castiñeiros para o aproveitamento de leña e froitos típicos de Galiza.
Aproveitamento  Actualmente o principal uso dos castiñeiros é a obtención da súa madeira, moi valorada para fabricar mobles, chans, instrumentos musicais, etc. Antigamente empregábase, ademais de para a fabricación de mobles, para trabes e pezas do carro.
Outro dos aproveitamentos destas especies é o froito: tradicionalmente empregouse coma fonte enerxética (especialmente en Galiza até a chegada da pataca) e como alimento para o gado (fundamentalmente porcos). É por iso que aínda nalgunhas zonas de Galiza chamen ás patacas castañas de terra (igual que en francés as patacas reciben o nome de pommes-de-terre, mazás de terra). Tradicionalmente a castaña pode consumirse crúa, aínda que tamén cocida ou asada. O marrón-glacé é un doce de receita francesa que aumenta enormemente o valor enerxético das castañas. En Galiza salientan os magostos coma festas de enxalzamento deste froito.
Recentemente fomentouse o reaproveitamento da castaña mediante a oferta de produtos tradicionais coma a augardente de castaña, a crema de castaña, o pan de castaña, etc.,
O castiñeiro común, europeo ou bravo (Castanea sativa) é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis: as castañas.

Refraneiro

·         A castaña que está no camiño é do veciño.
·         Cando vire-la candea no castiñeiro, leva a ovella ó carneiro.
·         Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
·         O que non sabe a maña, non come castaña.
·         Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
·         Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Un souto ou castiñeira é un terreo poboado de castiñeiros (especies do xénero Castanea sp.) normalmente de orixe artificial e explotado secularmente en equilibrio coa natureza para o aproveitamento de madeira e froitos.
 Video: https://www.youtube.com/watch?v=BHQhMyi4rxo         COLEXIO BALMES
https://www.youtube.com/watch?v=re7q8SDODWY   Semente noz e castaña.
AS CASTAÑAS.
Si se enterra unha castaña no mes de novembro, a unha fondura dunha cuarta, pouco máis ou menos, poden pasar dúas cousas: 
-que a coman os ratos
-ou que xermole, botando un pequeno fío fora da terra, que pouco a pouco vai medrando, e que para a primavera empeza a botar xa algunha folla.. e logo vai medrando pouco a pouco: é un castiñeiro. Pasado un ano pode medir dúas cuartas. E pasados dous anos pode medir un metro. Logo sigue medrando paseniñamente. E, se a sorte é boa, ó cabo de nove ou dez anos pode dar xa as primeiras candeas, os primeiros urizos, e as primeiras castañas.

Decían os vellos que se se sementa a castaña do medio (das tres que normalmente ten un urizo) o castiñeiro que nacia pode dar castañas sin necesidade de enxertalo. Pero o máis normal é enxertar os castiñeiros, cando ten sete ou oito anos, con pugas dun castiñeiro que dea boas castañas.
No mes de abril os castiñeiros empezan a vestirse con follas grandes e fermosas, e no mes de xuño botan as súas froles. As floles masculinas son alongadas e chámanse candeas; e no punto de unión das candeas co talo da árbore está a flor feminina, que é un involucro con espiñas diminutas (cúpula), e que máis tarde dará lugar ó urizo. Das froles nacerán no mes de xullo os urizos, que irán medrando, e que alimentarán dentro deles, escondidas, as castañas. Os urizos vístense de picos, para defender o seu tesouro interior das mans dos impacientes.
¿Para qué sirven as castañas?. As mais pequeniñas e as que están vacías (bolecas) dánselle ós porcos, que as comen de maravilla. E as outras sirven de alimento para as persoas. As castañas pódense comer de moitas maneiras:
-Recien collidas, pódense asar nun tixolo, para comelas, ben sexa soias con un pouco de viño, ben sexa con un pouco de chourizo, ou ben sexa migadas en leite. Nas noites de inverno, nos pobos interiores da Galicia profunda, é moi frecuente cear castañas asadas, con leite.
-As castañas verdes, tal como veñen da árbore, tamén se poden cocer nunha pota, con auga e un pouco de sal. Pódeselle botar tamén fiuncho, e, si se quere, un chourizo. E logo pelalas e comelas, soias, con chourizo, con carne ou con leite. Son as "castañas cocidas".
-Pero nos tempos en que a castaña era un dos compoñentes principales da alimentación de moitos pobos galegos, a maior parte das castañas que se collían nos soutos galegos botábanse nos canizos das cociñas, para secalas. Tódalas lareiras galegas tiñan enriba delas un canizo. O teito da cociña estaba formado por travesas de madeira separadas entre elas medio centímetro, deixando espacio suficiente para que pudese subir o calor e o fumo, sin que caisen as castañas. O mismo lume da lareira, que se usaba para quentarse e para facer a comida, servía tamén para ir secando as castañas que se botaban no canizo, encima da cociña. E, a partir do mes de nadal, tamén se curaban os chourizos que se colgaban en lareiros, por debaixo do teito da cociña.
De vez en cando había que subir ó canizo, para remexer as castañas, para que se secasen todas por igual.
Cando chegaba o mes de xaneiro e as castañas estaban ben secas, era o tempo de pisalas. Collíanse no canizo e botábanse nun cesto. Baixabase o cesto para o curro. E botábanse unhas poucas dentro dun zurrón de pisar as castañas, feito coa piel dun becerro, e deseñado xa especialmente para este destino. Entre dous homes novos que tuvesen forza collían u zurrón, un pola boca e outro polos pés, e bourábanlle duro enriba dun tallo de madeira, tamén deseñado especialmente para este menester. Dábanlle uns vinte golpes por un lado, e logo outros vinte golpes polo outro lado. Abrían a boca e miraban se lle caera ben a casca a tódalas castañas. Se non era así dábanlle uns poucos golpes máis.
Despóis bazában a piada na criba, e outro home movía con arte a criba facendo subir as castañas ó aire, de tal xeito que as castañas volvían caer verticalmente na propia criba e as cascas boaban co vento, quedando finalmente as castañas soias, brancas, limpas e sin casca. Estas castañas secas e fermosas botábanse nun cesto e logo bazábanse nunha arca onde se gardaban como un verdadeiro tesouro. Previamente separábanse as rotas e malas que se botaban aparte, noutro cesto e noutra arca, e que se gardaban para dárllelas ós porcos, que as comían con verdairo pracer. A estas castañas rotas ou malas chamábanlles "picaños" ou "picós".
As castañas secas eran duras. Pero eran moi ricas. Daba gusto meter unha na boca e chupala pouco a pouco como si fora un caramelo. Estas castañas secas, que se conservaban sen problema durante varios meses, cocíanse, como si fosen patatas, e constituían un alimento básico de moitos pobos galegos.
-Hoxendía (ano 2003) os galegos siguen recollendo as castañas dos seus soutos. Pero a maior parte dos canizos están valeiros e son mera lembranza de longas noites de inverno en lonxanas infancias. Agora as castañas aproveitánse de outras maneiras.
Hai unha parte das castañas que se destinan ós magostos. A castaña, como tódalas cousas importantes que hai en Galicia, ten a súa propia festa gastronómica: o magosto. Os amigos, os veciños, os nenos do colexio, os homes e as mulleres, xúntanse arredor dun lume encendido no chau, con frouma de pino, e botan castañas verdes no lume, para que se asen, para despois comelas, regadas con viño e cantares. É a festa do magosto, que se celebra arredor do San Martiño, alá polo 11 de novembro, día arriba día abaixo.
Pero a maior parte das castañas que se recollen hoxendía destínanse á venta, e despois de pasar por varios intermediarios, rematan en fábricas que fan con elas "marron glacé", tarta de castañas, e outros postres e derivados.
De calquera xeito, a historia de Galicia non se pode explicar sin falar das castañas, e do seu pai o castiñeiro, árbore que deu alimento, madeira, cobixo e sombra a moitos dos nosos devanceiros.
Debaixo da sombra dos castiñeiros fixéronse os millores poemas, déronse os millores bicos, e dixéronse as mais fermosas palabras de amor. De madeira de castiñeiro eran as trabes das casas, as táboas do piso, as arcas, os armarios, os chineros, .... De castañas estaba feito o cerne do corpo dos labregos. E da alma do castiñeiro está feito o eixe do noso espíritu colectivo. Galicia non sería Galicia se non fora polo castiñeiro.















Ningún comentario:

Publicar un comentario